Unha das mellores formas de coñecer un lugar é camiñando a través das súas terras. O concello de Rodeiro ten varias rutas que nos permiten gozar e familiarizarnos coa arte e a paisaxe da zona.
1. RUTA PRG 7
Ademáis de formar parte da rede de rutas do municipio de Rodeiro, a "Ruta do Faro" tamén está incluída na rede de sendeiros de Pequeno Recorrido da Federación Galega de Montañismo co código PR-G 7, no Rexistro Estatal e Autonómico de Senderos e nas Guías Europeas e Estatais certificadas pola E.R.A (European Randonees Association) e a F.E.D.M.E ( Federación Española de Montaña e Escalada)
É un sendeiro con excelentes vistas. O Monte Faro é o pico mais alto da Galicia Central e pódese ver parte das catro provincias.
Comeza na estrada Rodeiro-Oseira, no linde provincial entre Pontevedra e Ourense, e remata na estrada Rodeiro-Chantada, no linde entre as provincias de Pontevedra e Lugo.
Ademais das fermosas vistas o longo de todo o traxecto, pódese ver a Capela da Virxe do Faro, Virxe que ten moita devoción nestas terras.
Ficha técnica da ruta PRG-7 [PDF]
2. RUTA DOS PAZOS (6 km.)
Pártese da capela da Virxe do Faro e visítanse as casas nobres máis importantes do concello. Estes pazos tiveron moita importancia na idade Media, xa que pertencían aos Churrucaos, que no século XV tomaron parte na Reconquista e Granada como xerais dos Reis Católicos.
3. RUTA DOS CASTROS
Km: 5
Dificultade: Media
Descripción: Percorrido polos montes de Cantelle e Casares, nos que se atopan dous castros que nos fan anhelar un tempo céltico da nosa terra.
4. RUTA DÚAS MUÍÑOS.
Sinalizada recentemente, permite gozar dá paisaxe fermosa do interior de Rodeiro, percorrendo varios muíños ó longo do río Rodeiro.