Saltar navegación
Concello de Rodeiro
Fotografías do Concello de Rodeiro
 

Concello de Rodeiro :: Novas

Programa de vacacións para persoas con discapacidade (COGAMI)

27 / 04 /2012

A confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), desenvolve o Programa de vacacións para persoas con discapacidade 2012, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar Social.

Os requisitos das persoas destinatarias:
- Ter unha idade comprendida entre os 25 e os 60 anos.
- Ser galego/a ou residente en Galicia.
- Posuír unha discapacidade acreditada.

Lugar e datas:
- Residencia de Colonias e Convivencias “Aixiña”. Rúa Vigo, 5-1 Sanxenxo (Pontevedra)
- 1ª Quenda: Do 2 ao 8 de setembro de 2012
- 2ª Quenda: Do 9 ao 15 de setembro de 2012

Prezo:
- Cada participante aboará 80€, que inclúe aloxamento e manutención.

Documentación:
- Solicitude e autorización datos persoais.
- Ficha da persoa participante.
- Certificado grao discapacidade.
- Xustificante ingresos persoa participante.

Prazo presentación solicitude:
- Ata o día 29 de xuño de 2012

Para maior información e trámite de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do Concello de Rodeiro.


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013


By Abertal
Concello de Rodeiro; Praza da Fonte nº2; 36530 - Pontevedra; Tlfn: 986 790 009