Saltar navegación
Concello de Rodeiro
Fotografías do Concello de Rodeiro
 

Concello de Rodeiro :: Novas

Información pública da instalación do parque eólico “Tenzas do Aire”

13 / 04 / 2012

A entidade mercantil Renovables San Martiño S.L., con domicilio social en Dozón, solicitou a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a aprobación do proxecto de execución para a instalación do parque eólico “Tenzas do Aire”. Dito parque eólico estará constituído por catro aeroxeradores cunha potencia total a instalar de 12 MW e sitúase entre as parroquias de Guillar e Pedroso. En cumprimento da normativa legal, sométese a información pública a seguinte documentación durante o prazo que se indica :

− Proxecto sectorial : trinta días.
− Estudo de impacto ambiental : trinta días.
− Relación concreta e individualizada de tódolos interesados, bens e dereitos afectados, así como planos parcelarios : quince días.

Durante ditos prazos os interesados poderán consultar a documentación na Casa do Concello, en horario de oficina, e presentar, de ser o caso, as alegacións que estimen pertinentes no rexistro municipal.


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013


By Abertal
Concello de Rodeiro; Praza da Fonte nº2; 36530 - Pontevedra; Tlfn: 986 790 009