A Consellería de Traballo e Benestar convoca unhas axudas económicas de 250 € para aqueles mozos e mozas que desexen obter o permiso de conducir B.
Os requisitos principais para os solicitantes son:
a. Ter entre 18 e 30 anos.
b. Ser titular do carné xove
c. Estar matriculado nunha autoescola no momento de presentar a solicitude ou estar en posesión do permiso de conducir con data posterior ao 1 de xaneiro do ano 2013.
d. A unidade familiar non ter ingresos superiores a entre 2,5 e 3 veces o IPREM
O prazo de solicitude xa está aberto e remata o 1 de outubro de 2013.
Para recibir máis información sobre esta axuda ou realizar os trámites de solicitude da mesma: educadora@rodeiro.org, tfno.: 986790185 (preguntar por Ana).
Máis información na ligazón recomendada.
O Concello de Rodeiro organiza unha conferencia co gallo de celebrar o Día das Letras Galegas. Terá lugar o vindeiro día 21 de maio ás 12:00 horas no Centro Cultural Municipal. A conferencia será impartida pola escritora Marina Mayoral sobre os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Celebramos así o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, cunha das estudiosas máis recoñecidas sobre a obra de Rosalía. Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2013, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Unha vez rematada a conferencia terá lugar a entrega de premios do IV Certame literario e artístico en conmemoración do Día das Letras Galegas.
Póñense en marcha as primeiras xornadas de divulgación do patrimonio e a cultura organizadas conxuntamente pola Concellaría de educación, comercio, turismo e patrimonio e a Concellaría de Cultura, economía e medio rural do Concello de Rodeiro.
Esta iniciativa plantexase en coordinación coa iniciativa “Rodeiro de Tapas” coa finalidade de conxugar esforzos no obxectivo de promover as potencialidades do noso concello e ofrecer alternativas de ocio e culturais aos nosos veciños. A intención é promover o coñecemento do noso patrimonio e divulgalo fóra dos ámbitos estritamente académicos.
As barferencias realizaranse, polo tanto, coincidindo cos sábados nos que tamen se celebre “Rodeiro de Tapas”, unha hora antes do comezo da ruta de tapeo.
A primeira Barferencia tratará sobre A Vila Romana de Porta de Arcos en Outeiro – Fafián , impartida polo arqueólogo Rafael Rodríguez Martínez.
Lugar: Pub Gallaecia
Data: sábado, 18 de maio
Hora: 19.00h

O vindeiro día 25 de maio terá lugar a terceira etapa do Camiño de Inverno a Santiago organizado polo Concello de Rodeiro.
A saída será o día 25 de maio ás 7:30 h dende a Praza do Concello.
A chegada a Rodeiro será o 26 de maio, ás 19:30 h aproximadamente.
O prezo para os veciños de Rodeiro empadroados será de 40,00 € e para os demais a cota será de 53,50 €. O prezo inclúe desprazamento ida e volta, aloxamento en hostal, albergue ou pavillón, seguro, credencial de peregrino, cea do sábado e almorzo e xantar do domingo.
A inscrición realizarase dende o día 13 ao 21 de maio, ámbolos dous inclusive. E poderase facer no ximnasio municipal, no mail deportes@rodeiro.org ou por Fax no 986790195. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, agás existan prazas vacantes. Non se admiten pagos en metálico.
O ingreso da cota realizarase nas contas bancarias do Concello:
Novagalicia Banco 2080 5438 99 3110100047
Banco Pastor 0072 0454 11 0000100704
A folla de inscrición irá acompañada do xustificante de pago.
As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición, sempre que se teñan cumprimintados os requisitos.
Unha vez inscritos facilitaráselle unha folla con recomendacións para a ruta.
Na descarga asociada atoparedes a solicitude de inscrición.
Un ano máis o día 17 de maio celebrarase o Día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase ao actor e escritor Roberto Vidal Bolaño. Para conmerar este día a Concellería de Cultura pon en marcha esta cuarta edición do certame literario e artístico, na que poderá participar calquera persoa empadroada no Concello de Rodeiro, que presente un texto inédito escrito en lingua galega ou unha pintura orixinal.
As bases do certame están dispoñibles na descarga asociada.
O Concello de Rodeiro, conta con servizo de acollida de animais de compañía abandonados.
Este servizo ponse en marcha despois de asinar o Convenio Marco coa Deputación de Pontevedra para o establecemento dun servizo de acollida de animais de compañía abandonados.
Este servizo contempla a retirada de animais domésticos mortos (cans e gatos) das vías públicas e estradas municipais, así como a recollida de cans abandonados, que serán trasladados ó Centro de Acollida e Protección Animal de Armenteira (Meis).
Cando sexa posible a identificación do propietario do animal, comunicaráselle e daráselle un prazo para que poida recuperalo, previo abono dos gastos ocasionados polo mesmo. Se nese prazo o propietario non recolle ao animal entenderase que está abandonado, o cal non exime ao propietario da responsabilidade na que puidese incorrer co seu abandono.
En ningún caso se recollerán animais con propietario sen a existencia dun motivo xustificado que non supoña o abandono indiscriminado ou un desleixo de obrigas por parte do propietario.
As incidencias que se poidan dar por animais de compañía abandonados comunicaranse ao Concello.
O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro luns día 29 de abril de 2013, ás 10 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
1.- Moción do concelleiro Sr. Lamazares Casero relativa a vida digna das mulleres no Concello de Rodeiro.
2.- Moción do concelleiro Sr. Salgado González relativa aos remanentes dos exercicios 2007, 2008, 2009 e 2010.
3.- Moción do concelleiro Sr. Salgado González relativa ao arranxo da estrada Pedroso-Maceira nos concellos de Rodeiro e Lalín.
4.- Moción do concelleiro Sr. Salgado González relativa ao nomeamento das rúas de Rodeiro.
5.- Moción do concelleiro Sr. Salgado González relativa ao acondicionamento da rúa que vai entre a estrada a Río e a Avenida Aviador Gumersindo Areán.
6.- Rogos e preguntas.
O Concello de Rodeiro organiza unha actividade de contacontos baixo o título Contos do mundo co gallo de celebrar o Día Internacional do Libro. Terá lugar o vindeiro día 23 de abril ás 11:20 horas no Centro Cultural Municipal. Contos do mundo é unha campaña de educación multicultural que promociona valores coma o respecto e a solidariedade entre nenos e nenas. A Asociación Solidariedade Internacional de Galicia desarrollará esta actividade, que forma parte do Programa Ler conta moito 2013, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Esta fin de semana ponse en marcha a II edición da iniciativa “Rodeiro de Tapas” co triple obxectivo de dar a coñecer o potencial gastronómico do pobo de Rodeiro a través de produtos locais de recoñecida calidade (lácteos, carnes, pan, ovos, caza, etc), impulsar o sector hostaleiro e o sector produtivo primario, e consolidar esta iniciativa para facer dela unha ferramenta de promoción turística, comercial e de desenvolvemento.
As datas nas que se levará a cabo serán en tres fins de semana alternos, nos que ademais o Concello ten previsto promover eventos relacionados coa cultura e o patrimonio co fin de vincular a distintos sectores da vida municipal no obxectivo de impulsar as potencialidades do concello.
20 e 21 de abril, os establecementos prepararán unha tapa na que empregarán como base alomenos un produto procedente da produción local.
17, 18 e 19 de maio, os establecementos prepararán unha tapa na que empregarán produtos de caza como base na elaboración.
1 e 2 de xuño, os establecementos ofrecerán as dúas tapas do concurso.
Estas son as propostas feitas polos participantes* para esta fin de semana:
Cervecería Pub-Quirós. Camba Revolta (ovos ecolóxicos, grelos, queixo do país, allo, perixel e pan de Rodeiro)
Mesón O Guerra. Bocadiño de Cocido (lacón, chourizo, cachucha e grelos)
Os dous de Sempre. Tortilla de queixo (patacas, ovos e queixo)
Pastelería-Cafetería Achacán. Solombo de porco con cebola da horta caramelizada e queixo de Camba (solomillo de porco, cebola, queixo e pan integral)
Pub Gallaecia. Filloa rechea de produtos caseiros (ovos caseiros, leite natural de Rodeiro, fariña, grelos, torresmos e chourizo)
Restaurante Casa Sánchez. ¡Un completo!, por favor (piruleta de queixo caseiro con leite crú de Rodeiro, brocheta de coello de Cogal e xeado con mel da Portela)
Taberna Bruxas e Coruxas. Espantallo ( mazás, augardente e tenreira de Rodeiro)
*As tapas servíranse de 13.00h-15.00h e de 20.00h-23.00h dos días de concurso.
Dende aquí animamos a todo aquel que queira participar na iniciativa que se achegue a Rodeiro e probe as propostas feitas polos nosos hostaleiros. Ademais entre todos os particiapantes sortearase unha cafetera Nespresso e dous estuches de dúas botelas de viño mangnum de Viña Pomal Centenario Crianza, cedidos polo coborador no evento o Grupo Codorníu-Raventós.
Este venres 19 de abril terá lugar a 3ª sesión de traballo dos Encontros de nais e pais.
O horario e lugar de celebración é o habitual, ás 22:00 h. no Centro Cultural “Manuel Lamazares”.
Nesta ocasión o tema a abordar céntrase nos diferentes modelos de educación na familia, en como inflúe cada un no desenvolvemento dos menores e na formación de futuras persoas adultas. Así mesmo, traballaranse aspectos concretos relativos ao establecemento de límites, normas e castigos dentro do sistema familiar.
Para recibir máis información, contactar con Ana Rodríguez, educadora familiar. Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.org
O vindeiro 22 de abril, e ata o 3 de maio, terá lugar no local da Sindical un curso de informática e internet aplicados ao medio rural.
Terá unha duración de 15 horas, nas que se abarcarán conceptos informáticos e ofimáticos e unha aplicación práctica ao medio rural.
A inscrición será gratuíta e está dirixido a agricultores e gandeiros da comarca principalmente, aínda que poderán acudir outras persoas interesadas.
Existe un máximo de 12 prazas que se cubrirán por orden de inscrición.
Na descarga asociada encóntrase o modelo de solicitude que se poderá presentar nas dependencias do Concello ou enviar por mail ao correo info@rodeiro.org
Para máis información chamar ao telefono 986790009 ou no mail info@rodeiro.org
Tódolos mozos e mozas de entre 9 e 17 anos poderán apuntarse aos campamentos de verán. Son unha forma divertida e diferente de pasar as vacacións.
As quendas son de entre unha semana e quince días de duración nos meses de xullo e agosto.
Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, multiaventura…). Cada campamento desenvolverá actividades moi distintas, como poden ser piragüismo, kaiak, vela, teatro, cine, hípica e o sendeirismo entre outras.
Os prezos oscilan entre os 101€ e os 293 €, con descontos do 50% para familias numerosas e do 25% para usuarios/as do carné xove.
Para a tramitación será necesario o DNI e/ou Libro de Familia e tarxeta sanitaria.
Para maior información sobre as actividades ofertadas e tramitación das solicitudes, poderán achegarse ao Servizo de Educación Familiar do Concello de Rodeiro.
O prazo remata o día 17 de abril de 2013.
Máis información na ligazón recomendada.
Obxecto:
Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013.
Persoas beneficiarias:
• Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2013 (nacidos entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2011, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.
Requisitos:
• Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega.
• Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
Contía da axuda:
Pagamento único de 360 € por cada fillos menores que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación.
Documentación:
• D.N.I da persoa solicitante.
• Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
• Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
Prazo de presentación:
Ata o 11 de maio de 2013.
Persoas beneficiarias e requisitos:
Poderán participar neste programa, as persoas maiores de 16 anos con recoñecemento de discapacidade ou de dependencia (grao II ou III) e aqueloutras que, non podendo acreditar os requisitos anteriores, requiran da atención dun coidador, á vista do informe médico e social que acompañarán á solicitude.
Duración das estadías e prezos:
• Modalidade de estadías quincenais: 791,5€ por quincena.
• Modalidade de estadías de fin de semana: 124€ polos dous días.
Achega da persoa beneficiaria:
En calquera das modalidades, as persoas beneficiarias contribuirán ao financiamento da estadía coa porcentaxe do custo que se establece a continuación en función dos seus ingresos económicos:
Inferiores ao IPREM - 40%
Superiores ao IPREM e inferiores a 1.000 € - 55%
Superiores a 1.000 € e inferiores a 2.000 € - 75%
Superiores a 2.000 € - 90%
Documentación:
• Solicitude e declaración responsable segundo modelo establecido (anexo I) .
• Informe médico relativo ao solicitante
• Copia compulsada do DNI/NIE do solicitante .
• Última declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda a clase de pensións percibidas ou declaración xurada de non percibilas.
Prazo:
A solicitude presentarase con un mes de antelación á data para a que se solicita a quenda, agás situacións de emerxencia sobrevidas (enfermidade, accidente do coidador ou similares) e debidamente xustificadas.
Este venres 22 de marzo terá lugar a 2ª sesión de traballo dos Encontros de nais e pais.
O horario e lugar de celebración é o habitual, ás 22:00 h. no Centro Cultural “Manuel Lamazares”.
Nesta ocasión o tema a desenvolver céntrase na importancia de manter unha relación de colaboración entre a familia e a escola para obter un adecuado desenvolvemento académico e social do neno/a.
Entre os aspectos que se abordarán está a relación entre proxenitores e profesorado, aprendizaxe de hábitos de estudo, pautas de comunicación co centro educativo, formas de colaboración e implicación e prevención de situacións de acoso e integración educativa.
Para recibir máis información, contactar con Ana Rodríguez, educadora familiar. Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.org
Beneficiarios:
• Poderán acollerse ao programa aquelas persoas que sexan pensionistas e conten coa idade mínima de 60 anos, (quedan exentos de cumprir esta condición, as persoas que acudan en calidade de cónxuxes).
• Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Valerse por si mesmos para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa.
• Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
• Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
Balnearios:
Este ano unicamente se ofrece a posibilidade de tratamento termal, de 10 días de duración, con todo incluído; tratamento termal e estancia no balneario, en réxime de pensión completa nos distintos establecementos ofertados, con prezos entre os 316,64 € e os 398,61 €.
Para maior información e trámite de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de servizos sociais do Concello de Rodeiro.
A data límite para a presentación de solicitudes, será o día 12 de abril de 2013
Obxecto:
Adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense).
Persoas destinatarias:
• Persoas maiores de idade ou menores sempre que vaian acompañados dos seus proxenitores ou titores legais, que teñan a súa residencia en territorio español.
• Galegos residentes no exterior.
Tipos de servizo:
1. Servizo de residencia: aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada.
2. Servizos para non residentes: Poderán gozar do servizo de comedor os familiares e amigos dos residentes que visiten a instalación segundo as normas de provisión de prazas que determine o/a director/a de cada residencia e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas.
Documentación:
• Fotocopia do DNI da persoa solicitante.
• Acreditación da discapacidade de ser o caso.
• Fotocopia do libro de familia, no caso de solicitantes da quenda de familias numerosas.
Prazo de presentación:
Ata o 1 de abril de 2013
PREDIF xestiona un programa anual de viaxes de turismo e termalismo cofinanciado polo IMSERSO do que poden beneficiarse as persoas con discapacidade .
Obxectivos:
• Facilitar ás persoas con gran discapacidade, a práctica dunhas actividades de lecer similares ao resto da sociedade, dentro dun ambiente normalizado e co apoio persoal que precisan.
• Propiciar a independencia persoal.
• Evitar a deterioración funcional das persoas con discapacidade.
• Proporcionar respiro familiar.
• Mellorar o estado xeral de saúde dos beneficiarios.
• Fomentar as relacións sociais das persoas con discapacidade.
Documentación:
• Fotocopia do DNI do beneficiario e do acompañante.
• Fotocopia do certificado de minusvalía.
• Informe médico (só para viaxes de TERMALISMO).
As viaxes inclúen:
• Transporte adaptado, ida e volta, e en destino se se especifica.
• Seguro de asistencia en viaxe.
• Monitores de apoio (un requisito indispensable é que quen necesiten de axuda de terceira persoa leven a súa propio acompañante).
• Hotel accesible, en réxime de pensión completa, excepto aquelas quendas nos que se especifique o contrario no programa.
Prazo e lugar de presentación de solicitudes:
Toda a documentación debe enviarse por correo con 45 días de antelación sobre a data prevista de saída da viaxe solicitada ; podendo presentala a través dos servizos sociais do Concello de Rodeiro.
A Deputación de Pontevedra oferta, novamente, os Campamentos Polideportivos “Príncipe Felipe”, que se realizarán nas seguintes datas:
• Primeira quenda: 08 de xullo – 13 de xullo
• Segunda quenda: 15 de xullo – 20 de xullo
• Terceira quenda: 22 de xullo – 27 de xullo
• Cuarta quenda: 05 de agosto – 10 de agosto
• Quinta quenda: 12 de agosto – 17 de agosto
• Sexta quenda: 19 de agosto – 24 de agosto
Entre as actividades que se realizarán están saídas ao medio natural, tiro con arco, parque multiaventura, deportes en equipo, actividades acuáticas, obradoiros…
Estes campamentos están dirixidos e rapazas e rapaces nacidos entre os anos 1999 e 2006, ambos os dous incluídos.
O prezo da actividade é de 125 € por neno/a.
Para máis información e tramitación das solicitudes poden acudir ao Servizo de Educación Familiar (xunto a Ana) ata o vindeiro 12 de abril de 2013.
Máis información na ligazón recomendada.
Como en anos anteriores, e segundo o convenio establecido entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Rodeiro, ponse en marcha o proceso de recollida de solicitudes de todos aqueles nenos e nenas nacidos entre os anos 2000 e 2005 que queiran pasar uns días de acampada, cheos de actividades lúdicas e ao mesmo tempo formativas, dentro dun medio natural tan especial como é o de A Lanzada. Entre as actividades están: xogos e deportes, actividades na praia, artísticas, teatro e contacontos…
Quendas ofertadas:
1 - Do 23 ao 29 de xuño
2 - Do 30 de xuño ao 6 de xullo
3 - Do 7 ao 13 de xullo
4 – Do 14 ao 20 de xullo
5 – Do 21 ao 27 de xullo
6 – Do 28 de xullo ao 3 de agosto
7 – Do 04 ao 10 de agosto
8 – Do 11 ao 17 de agosto
9 – Do 18 ao 24 de agosto
10 – Do 25 de agosto ao 31 de agosto
11 – Do 01 ao 07 de setembro
O prezo desta actividade é de 68 €.
Para máis información e tramitación das solicitudes poden acudir ao Servizo de Educación Familiar (xunto a Ana) ata o vindeiro 30 de Marzo de 2013
Máis información na ligazón recomendada.

O Concello de Rodeiro, co ánimo de dar a coñecer aos veciños do Concello e de promover esa nova ruta de peregrinación a Santiago de Compostela que en parte discorre polo noso Concello, vai organizar dentro da programación das actividades de sendeirismo do ano 2013 a realización do Camiño de Inverno dende Ponferrada a Santiago de Compostela. O camiño realizarase ao longo de cinco fins de semana, un por mes, entre os meses de marzo e xullo do corrente, coas seguintes datas e etapas :
1ª ETAPA :
- 23 de marzo : Ponferrada-Médulas
- 24 de marzo : Médulas-Sobradelo
2ª ETAPA :
- 20 de abril : Sobradelo-A Rúa
- 21 de abril : A Rúa-Quiroga
3ª ETAPA :
- 25 de maio : Quiroga-Monforte de Lemos
- 26 de maio : Monforte de Lemos-Chantada
4ª ETAPA :
- 29 de xuño : Chantada-Rodeiro
- 30 de xuño : Rodeiro-A Laxe (Lalín)
5ª ETAPA :
- 13 de xullo : A Laxe (Lalín)-Ponte Ulla
- 14 de xullo : Ponte Ulla-Santiago de Compostela
Un ano máis o Concello de Rodeiro coorganiza, xunto coa Federación Galega de Deportes de Inverno (FCDI) e a Asociación de Cans Deportistas (ACADE) unha competición de mushing, nas modalidades de canicross, bikejoring e carros e triciclos. Dita competición é puntuable tanto para a Copa de España como para a Liga Galega de Canicross/Bikejoring. As probas terán lugar o vindeiro domingo día 3 de marzo no seguinte horario :
11:00 Saída Canicross
12:00 Saída Bikejoring
12:30 Saída popular de Carros e Triciclos
13:30 Entrega de trofeos
A saída e chegada das probas realizarase no casco urbano de Rodeiro, nas proximidades da rotonda da estrada de Oseira.
Dende o Concello anímase a veciños e visitantes a que acudan a presenciar este deporte innovador que conxuga á perfección o esforzo coordinado dos corredores e ciclistas cos seus cans.
O Concello de Rodeiro pon en marcha o proxecto denominado Encontros de nais e pais, iniciativa de prevención familiar configurada como unha proposta de formación parental en temas relacionados coa educación das súas fillas e fillos.
Está dirixido a tódolos pais e nais do Concello con menores de idade ao seu cargo.
O principal obxectivo é incrementar a conciencia educativa dos pais e o uso das súas aptitudes para coidar e educar aos seus fillos, potenciando o desenvolvemento de competencias e habilidades educativas.
Créase un espazo de reunión no que se abordarán temas de interese para os pais e nais, como poden ser o uso das novas tecnoloxías, prevención de drogodependencias, educación emocional, relación familia-escola… ou calquera outro proposto polos destinatarios.
A primeira sesión desenvolverase o vindeiro venres 22 de febreiro ás 22:00 h. no Centro Cultural “Manuel Lamazares”.
Esta sesión será para programar os temas e abordar, coñecer as inquedanzas e preocupacións dos asistentes e explicar a metodoloxía que se seguirá.
Ademais de aportar información sobre cada tema, trátase tamén de crear un espazo de intercambio de experiencias e de aprendizaxe activa entre o grupo de participantes.
Para recibir máis información, contactar con Ana Rodríguez, educadora familiar. Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.org
O Concello de Rodeiro, a través do Servizo de Educación Familiar, pon en marcha de novo o proxecto de Educación para a Saúde.
Esta iniciativa, a cal se desenvolve en colaboración co CPI de Rodeiro, ten como principal obxectivo a educación en hábitos de vida saudables e a prevención de condutas de risco no colectivo adolescente de Rodeiro. Entre os principais ámbitos de actuación están a prevención en drogodependencias, a educación afectivo-sexual e a promoción da igualdade.
As sesións de traballo desenvolveranse dende o mes de xaneiro ata xuño, insertadas no horario de titoría de cada grupo de alumnado da ESO, comezando o vindeiro 23 de xaneiro. Con cada grupo desenvolveranse 6 sesións, adaptándose as actividades e dinámicas aos coñecementos previos do alumnado e aos diferentes momentos de desenvolvemento. A metodoloxía basearase na participación e aprendizaxe activos.
Poderán acollerse ao Programa, todas aquelas persoas que sexan pensionistas e conten cunha idade mínima de 60 anos; quedando exentos de cumprir esta condición as persoas que acudan en calidade.
* Valerse por si mesmo e non padecer trastornos mentais graves.
Os balnearios que se ofertan para este ano, presentan unha ampla selección; xa que se pode solicitar praza en 15 Comunidades Autónomas distintas, sendo os correspondentes á nosa, os seguintes:
* Na provincia de A Coruña ofertase os balnearios de Carballo e Brión.
* Na provincia de Lugo, Termas Romanas (en Lugo cidade), Río Pambre (en Palas de Rei), Hesperia Guitiriz (Guitiriz) e Augas Santas (Pantón).
* Na provincia de Ourense, os balnearios de Arnoia, Baños de Molgas, Carballiño, Laias e Lobios.
* Na provincia de Pontevedra ofértanse os balnearios de Acuña, Davila (ámbolos dous en Caldas de Reis) Caldelas de Tui, Termas de Cuntis, Merza (en Vila de Cruces) e na Illa da Toxa.
A primeira quenda a solicitar inclúe dende o mes de Febreiro ate Agosto (ambos incluídos) e a segunda quenda, de Setembro a Decembro
Para maior información e formalización de solicitudes, poderán achegarse ao departamento de Servizos Sociais do Concello.
No Diario Oficial de Galicia núm. 234, correspondente ao día 10 de decembro do corrente, publicouse a Resolución do 22 de novembro de 2012 da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Pontevedra pola que se anuncia a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Val de Camba.
A documentación correspondente estará exposta ao público nas oficinas municipais do Concello de Rodeiro durante o prazo de trinta días.
Asemade, a entrega e notificación individualizada dos correspondentes boletíns de propiedade realizarase na data, hora e lugar que deseguido se sinala :
DATA : 18 de decembro de 2012 (martes)
HORA : 10:00 da mañá
LUGAR: Local social do lugar da Feira, parroquia de Río
Anuncio das bases definitivas.
A Xunta Local da Zona, na súa reunión do 26 de xuño de 2012, aprobou as bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Val de Camba. O aviso que se contén como anexo á presente nova permanecerá exposto no taboleiro de anuncios do Concello durante o prazo de oito días hábiles consecutivos. O que se fai público aos efectos oportunos.
“O noso comerciante suma outro espazo físico onde poñer os seus produtos a venda as 24h do día, coa mínima inversión e o menor esforzo”.
A Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Rodeiro, celebrará o vindeiro martes, 26 de xuño, ás 20:30h, no Centro Cultural Manuel Lamazares de Rodeiro, una xornada informativa para presentar o portal de comercio electrónico Comerciogalicia.es, o portal do comercio galego.
Unha iniciativa que arranca como medio para dotar ao sector dunha nova vía para incrementar as vendas e chegar a novos clientes nestes tempos de crises.
Asistiran o acto o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas e a directora xeral de Comercio, Nava Castro.
Un escaparate conxunto para o pequeno comercio galego en beneficio dás empresas que lle suporá unha nova vía para incrementar as vendas e para os consumidores que poderán adquirir “os produtos de sempre” que oferta o comercio de proximidade. Non só para o empresario, senón que tamén resulta un portal atractivo para o consumidor, xa que nun mesmo espazo poderá atopar comercios de todos os sectores e realizar compras multi-tendas sen incrementar portes, información completa dous produtos a mercar. Podendo mercar dende calquera sitio do mundo.
Unha aposta pola dinamización e modernización do comercio de proximidade. Esta nova plataforma que acaba de comezar a andar permite que os establecementos combinen a súa actividade comercial tradicional coa venda na rede, podendo abrirse a novos mercados, conseguir novos clientes e ofrecer novos e mellores servizos a todas as persoas que xa confían neles no día a día. Unha mellora na competitividade para ofrecer produtos que se están comercializando en establecementos a pé de rúa, a un público máis amplo.
Comerciogalicia.es, unha plataforma de comercio electrónico, segura e de calidade, na que Federación Galega de Comercio e Xunta de Galicia buscan a excelencia apoiándose dos mellores profesionais.